Back to Top
VIDA: videopoema colectivo

Xa temos listo o videopoema colectivo VIDA, produto dunha das recompensas que establecimos na campaña de micromecenado de Versogramas.

 

VIDA foi un poema construído a modo de cadáver exquisito reunindo os versos que nos enviaron cada unha das mecenas que optaban a esta recompensa en concreto. Ademais, como introdución á pre-estrea de Versogramas na Coruña, DSK (Juan Lesta e Belén Montero) realizaron unha performance de live cinema desennobelando un rolo de película no que estaba pintado o poema, coa axuda do público. Alí, na pantalla de Afundación, foise reproducindo o poema completo e os nomes das mecenas participantes, a quen queremos mandar un feixe de apertas e o noso máis fondo agradecemento.

O videopoema que hoxe vos amosamos é froito de todo iso. Agora é tanto noso coma voso. Queremos agradecer unha vez máis a todas as persoas que participastes como mecenas en Versogramas e que, coa vosa achega, axudastes a sacar o documental adiante.

 

Foto: María Tarazona
Foto: María Tarazona
Foto: María Tarazona
Foto: María Tarazona
Foto: María Tarazona

 

Foto: María Tarazona
Foto: María Tarazona
Foto: María Tarazona