Back to Top

Versogramas está dispoñible á carta na plataforma de pago por visionado Vimeo On Demand.

Ligazón AQUÍ

 

Deste xeito, poderedes gozar do documental comodamente desde a vosa casa, en calquera momento, e por un prezo realmente baixiño. Ademais, puxemos a disposición as diversas versións lingüísticas de Versogramas, de modo que tedes cinco posibilidades de reprodución.

A plataforma funciona do seguinte xeito: Por 3€, seredes quen de “alugar” o visionado da versión que escollades. Estará dispoñible durante 24h para que poidades ver o documental cantas veces queirades. É posible reproducilo en iOS, Android, Apple TV, Roku e Chromecast.

Un dos obxectivos trala produción de Versogramas foi sempre contribuír ao coñecemento, investigación, goce e difusión da videopoesía. Ademais das proxeccións realizadas en festivais, museos, ciclos e televisión, pensamos que esta é unha boa maneira de achegar ao público de maneira directa o contido do documental e compartir convosco as emocións que a videopoesía esperta.