Back to Top
Premiere italiana de Versogramas en Versi di Luce

Versogramas foi seleccionado no festival de cinema e poesía Versi di Luce (Italia). Formará parte da sección longametraxes a concurso, dentro da selección oficial, no que será a súa premiere en Italia.

Versi di Luce terá lugar o vindeiro mes de decembro, entre dúas cidades de Sicilia: Modica e Gela. Trátase dun festival que presta especial atención á videopoesía: ademais dunha coñecida sección de videopoemas a concurso, as longametraxes que adoitan seleccionar teñen un indubidable pouso poético.

Estamos felices de que o documental continúe viaxando por lugares onde a videopoesía ten unha fonda raigame. De Italia é ademais unha das protagonistas do documental: Elena Chiesa.