Back to Top
Versogramas emítese na TVG2

O xoves 24 de outubro ás 23.15h emítese Versogramas na TVG2!
Non perdades a estrea en televisión deste orixinalísimo documental arredor da videopoesía dirixido por Belén Montero e Juan Lesta, con música de Isaac Garabatos e sacado adiante por un equipazo inmellorable. Na segunda canle da nosa televisión autonómica, que participou no documental, emitirase a versión para televisión de Versogramas. Cunha duración aproximada de 55′, trátase dunha versión reducida e de ritmo áxil adaptada a este medio.

É unha ledicia que poida verse na Televisión de Galicia. Versogramas percorre o panorama internacional da videopoesía poñendo o foco no talento de videopoetas galegas/os coma Yolanda Castaño, Miriam Reyes, Antón Reixa, Iria Pinheiro, Sther F. Carrodeguas, Adriana Pérez, Alfonso Rodríguez, Eduardo Estévez, CristinaFerreiro, Carlos Vilas Bugallo e Branca Novoneyra.