Back to Top
Versogramas en Maldito Festival de Videopoesía e FILMIN

Versogramas foi seleccionado na IV Edición do Maldito Festival de Videopoesía!

O documental Versogramas poderá verse o xoves 22 de outubro ás 21h en FILMIN, dentro da programación do festival. Estará ademais dispoñible para o seu visionado ata o domingo 25, de maneira gratuíta para usuarias con subscripción a FILMIN.

Na páxina web de Maldito Festival de Videopoesía cóntanvos algo máis sobre Versogramas, dirixido por Belén Montero e Juan Lesta, que conta con entrevistas a creadores e creadoras clave da videopoesía nacional e internacional: Yolanda Castaño, Dionisio Cañas, Miriam Reyes, Marc Neys (Swoon), Elena Chiesa, Belén Gache, Hernán Talavera, Eduardo Yagüe, Iria Pinheiro (DandyLady), Melissa Diem, Daniel Cuberta, Martha McCollough, Antón Reixa e Eugeni Bonet.

En Versogramas tamén poderedes ver fragmentos de videopoemas de: Ester Xargay, Adri&MinusBálido, Esther Carrodeguas, Heather Haley&Tina Schliesser, Cristina Ferreiro, Marc Capdevila&Albert Balasch&Tià Zanoguera, Eduardo Estévez, Daniel Dugas, Branca Novoneyra, Dave Richardson, Lola López-Cózar, Aaron Fagan, Carlos Oroza&Carlos Vilas Bugallo, Véronique Sapin, Kathy McTavish.

É unha alegría formar parte dun festival específico de videopoesía tan recoñecido xa como é o Maldito Festival de Videopoesía. Aproveitade estes catro días para mergullarvos na videopoesía da man de Versogramas, e tamén das últimas creacións que integran o programa: videopoemas seleccionados e finalistas no concurso, documentais (como “Las palabras también tienen ojos. Posibilidades de la poesía: Dionisio Cañas” de Clara López Cantos sobre Dionisio Cañas, un dos protagonistas de Versogramas) e moito máis.

Vémonos en FILMIN!