Back to Top
Versogramas en La Cabina

Versogramas chega a Valencia!

La Cabina – Festival Internacional de Mediometrajes de València, que celebrará a súa XI edición do 14 ao 24 de novembro, acolle entre as súas actividades paralelas una xornada adicada á videopoesía, xénero en auxe nas dúas últimas décadas. O festival La Cabina ten uns valores ben definidos: “orixinalidade, exclusividade, innovación, cultura, calidade cinematográfica, paixón polas novas tendencias e tecnoloxías, internacionalidade e deseño”. Por iso nos enorgullece tanto contarvos hoxe que Versogramas forma parte do seu programa!

Versogramas proxectarase o venres 16 de novembro ás 19h na Sala Matilde Salvador do Centre Cultural La Nau da Universitat de València, presentado pola súa directora, Belén Montero.

Trala proxección terá lugar unha mesa redonda integrada pola propia Belén e maila especialista en videopoesía Clara López Cantos, moderada polo poeta David Trashumante. Pechará o acto un videorecital da poeta Miriam Reyes, protagonista tamén do documental Versogramas.