Back to Top
Versogramas en Cosmopoética

O documental Versogramas segue viaxando por festivais de cinema e poesía! A próxima cita será no Festival Internacional de Poesía Cosmopoética. Poetas del Mundo en Córdoba.

Cosmopoética adica esta 15ª edición a Italia e as pasións. Contará cunha nómina de poetas de altísima calidade, que reúne a representantes das xeracións máis importantes do último século en España e Italia. E artellará unha programación ampla para achegar a poesia a un público diverso a través da mestura heteroxénea de actividades arredor doutras disciplinas, como a música e, no noso caso, o cine.

A directora de Versogramas, Belén Montero, participará na sección “Primer plano con…”, o mércores 3 de outubro ás 17h na Casa Góngora. Impartirá unha clase maxistral sobre aspectos como o proceso de creación do documental a elaboración do guión, a selección de videopoetas ou a montaxe, todo isto intercalado con secuencias escollidas de Versogramas. Trátase dunha actividade gratuíta, e será unha oportunidade fantástica para coñecer de preto a Belén Montero, e mailos entresixos da creación de Versogramas.

Convidámosvos a pasear baixo o paraugas de Cosmopoética da man de Versogramas!