Voltamos a casa despois dunhas intensas xornadas de traballo no Sunny Side of the Doc (La Rochelle, Francia).

Foron días de reunións, debates, pitchings, cócteles, reunións, proxeccións, charlas e máis reunións. Resultou realmente interesante comprobar as dinámicas actuais do mercado audiovisual, e ver a incrible saúde da que goza a produción de documentais internacionalmente. Como resumo, presenciamos proxectos ambiciosos, de grande calidade técnica e artística, na súa maioría coproducións entre varios países.

O máis salientable, decatarse do enorme apoio das televisións nacionais e internacionais ó documental: máis dun slot para documentais de diversa duración e temática, departamentos especializados, coprodución e adquisición habitual de contidos, mesmo unha búsqueda activa de proxectos, denotan o mimo co que se trata a estas producións. Todo isto, por suposto, contribúe á creación dun público que consume e demanda documentais, e por tanto xustifica a súa viabilidade.
Pola nosa parte, volvemos cunha cantidade inxente de información que procesar, moito para aprender, e moitos contactos interesantes cos que manter relación. Agardamos poder contarvos novidades pronto!