Back to Top
Insomnie – Daniel Dugas

Insomnie, de Daniel Dugas, é un videopoema reflexivo e desconcertante sobre o insomnio, o tempo e a teoría do Big Bang.

Daniel Dugas é poeta, músico e videocreador. Ten participado en exposicións individuais e colectivas, festivais e eventos literarios en Norteamérica, Europa, México e Australia. Vén de publicar o seu noveno poemario, L’esprit du temps / The spirit of time (Les Éditions Prise de parole).

O propio artista define así Insomnie:

“Un programa de televisión sobre a teoría do Big Bang acrecenta a angustia de non poder durmir. Que pasaría con soñar se o tempo en si mesmo desaparecera? Os diccionarios acollen as palabras de todos os idiomas e as imaxes acollen todos os sentimentos do mundo. A medida que o tempo avanza na liña recta das nosas vidas, o insomnio convértese nunha fráxil loita contra a desaparición do ser.”