Back to Top
After Dark – DandyLady

Inauguramos sección: “videopoema da semana”! Aquí publicaremos e comentaremos cada semana un videopoema. Escollémosvos as mellores pezas dos videopoetas que integran Versogramas, e unha escolma do máis interesante do panorama nacional e internacional.

Captura de pantalla 2015-11-19 a las 12.24.04

Comezamos por “After Dark”, realizado por Dandylady sobre o poema homónimo de Branca Novoneyra. Cunha estética de película antiga, o videopoema explora as contradiccións entre realidade, pose e aparencias. Unha parella interactúa cunha mecánica finxida e coidado esmero na reproducción de convencións sociais, teimando en reproducir con invisibilidade a invisibilidade que os rodea. Sen ningún atisbo dunha complicidade que secou hai tempo no recordo. Só baixo o océano poden ser eles mesmos. Baixo a auga, son libres.