Back to Top
1º pase público en A Coruña

O primeiro pase público de Versogramas terá lugar o vindeiro xoves 26 de abril ás 20:30h na Fundación Luís Seoane (A Coruña). Esta agardada proxección enmárcase dentro da semana do libro, e garda estreita relación coa programación do museo nesta tempada. A Fundación Luís Seoane participou no financiamento do documental e foi ademais lugar de gravación de dúas das entrevistas que o integran. Fainos especial ilusión amosar Versogramas en aberto para o público de A Coruña, cidade na que se desenvolveu a maior parte da rodaxe.

Será unha proxección con entrada gratuíta, acompañada dun coloquio posterior. Para asistir, cómpre reservar entrada (sen custe) vía Ticketea, na seguinte ligazón: https://www.ticketea.com/entradas-cine-versogramas-fundacion-luis-seoane/

Asistirá ao pase a directora Belén Montero, o codirector Juan Lesta e a produtora executiva Celia Parra.

Ao finalizar a proxección, os asistentes poderán degustar un cóctel cortesía de Nordesía e Viña Moraima, patrocinadores do documental.

Estades todos e todas convidados!