Back to Top
VERSOGRAMAS: A exposición

Rematou o período de residencia artística no MAC (Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, A Coruña) e a exposición VERSOGRAMAS está cada vez máis preto de tomar forma definida.

Neste vídeo, realizado por Esferobite, podedes botarlle un ollo ó espazo de traballo do museo e ós artistas que o compartiron: Claire de Santa Coloma, Antonio Montalvo, Samuel Castro, Enrique Lista e Celia Parra.

A principios do vindeiro ano poderase ver unha mostra das obras creadas durante estes dous meses. Manterémosvos ó tanto!