Back to Top

Quen somos. O equipo detrás de VERSOGRAMAS



quen somos

Juan Lesta e BeLén Montero

Belén Montero (1970) e Juan Lesta (1971) son realizadores cunha ampla experiencia en proxectos experimentais e multimedia orientados tanto á cultura coma ó video corporativo. Formaron no 98 a produtora Esferobite e, baixo o nome artístico DSK, realizan sesións de vídeo en directo e proxectos artístico-musicais. Os  seus traballos foron premiados en numerosos festivais, (tales como MTV Awards, Vitoria-  Gasteiz, VAD) e expostos en museos coma o Pompidou (Metz), o CGAC (Santiago de  Compostela) ou o Hangar (Barcelona).  Especialízanse en videoclip, live cinema, documental  experimental, desarrollo web e proxectos educativos relacionados co vídeo.

www.esferobite.com  //  www.esferobite.com/dsk  //  @Esferobite   //   Esferobite en vimeo




quen somos

Celia Parra

Celia Parra (Ourense, 1990) é produtora audiovisual e recoñecida poeta. Traballou para as principais  produtoras galegas e desenvolveu tamén proxectos artísticos propios. Como poeta, conta cun poemario individual (“No berce das mareas”, premio Avelina Valladares) e con obra recollida en varias antoloxías, coma “No seu despregar” (Ed. Apiario) ou “13. Antoloxía da poesía galega próxima” (Ed. Chan da Pólvora-Papeles Mínimos), entre outras. Especialízase en videopoesía, como creadora, docente e investigadora.

www.celiaparra.com // Linkedin  //  @celiaparradiaz  // Celia en vimeo