Back to Top
Saímos na prensa e comezamos rodaxe!!

Queremos compartir contigo moitas novidades: as últimas aparicións en prensa de Versogramas e… o comezo da rodaxe!!

– No xornal galego Praza Pública entrevistaron a Belén Montero e Celia Parra sobre Versogramas e a campaña de crowdfunding.

– No ZigZag Diario, programa cultural da Televisión de Galicia, entrevistaron tamén a Juan Lesta arredor do proxecto.

rodaxe versogramas tvg praza Non te perdas o contido das entrevistas, hai moita info e curiosidades sobre Versogramas! Segue as nosas redes sociais para estar ao tanto das nosas últimas aparicións en prensa.

E por último, e non menos importante, COMEZAMOS XA A RODAR!!!

Mañá sábado 13 faremos as primeiras entrevistas do documental: a Marc Neys (Swoon), Kònic Thtr (Rosa Sánchez e Alain Baumann), Hernán Talavera e Eugeni Bonet. A rodaxe será na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)

O próximo luns 15 entrevistaremos a Miriam Reyes, Dionisio Cañas e Eduardo Yagüe tamén na Cidade da Cultura.

QUE NERVIOS!

Precisamente agora a túa axuda é fundamental. Por favor faite mecenas, comparte a ligazón con todos os teus amigos e amigas, e difunde a info para chegar o maior público posible. Só quedan 16 días!