Back to Top
5 razóns para apoiar Versogramas

Cinco razóns para apoiar Versogramas. A quinta vaite sorprender.

1- Presume de apoiar un tipo de cultura que case ninguén coñece (Hipsterízate)

Cando Versogramas consiga convertir a videopoesía en mainstream, poderás renegar dela, cousa que te colocará nun estatus cultural superior

 2- Forma parte dun equipo selecto.

Únete a un elenco de luxo onde se codean cineastas, poetas, músicos e creadores de toda pelaxe. Na preestrea non dubidaremos en facerte sentir parte do equipo, para envexa das túas amizades culturetas.

3- Pasa á historia.

Versogramas é o primeiro documental sobre videopoesía que se produce en todo o mundo. Asegurámosche formar parte dos créditos dun documental pioneiro, único. Poderás fardar ante quen queiras.

4- Invita aos teus amigos a ver un DVD/bluray que seguro non terán na súa colección.

Garantizámosche que, case con toda seguridade, vai ser imposible que ningunha das túas amizades o teñan e te corten co típico “esa xa a vimos!”. Ademais, se levas a versión numerada poderás presumir ben dela, xa que non se editarán copias xamais.

5- Evita gastar os teus cartos en cousas peores.

Gastar os cartos en cultura é moito mellor que facelo en copas, tabaco, roupa que non te porás, a cota do ximnasio ao que non irás, tatuaxes que no futuro rematarás odiando… Invirte nalgo seguro, que non che creará cargo de conciencia!

Únete a Versogramas!!